CLUB DE LECTURA 4º E.P.

Os alumnos de 4º de Educación Primaria forman parte dun club de lectura no que están a ler a obra «A cazadora de estrelas» de María Canosa.

Esta obra está dividida en vinte capítulos titulados, na que se presenta a unha protagonista, Megumi. É unha cazadora de puntería certeira, intelixente, valente e arriscada, que non dubida en mudar o seu físico e romper coas normas da sociedade na que vive, e mesmo abandonala, por lealdade á súa compañeira, a egua Turrón.

A amizade, a violencia e o respecto por seres indefensos, a ruptura de roles establecidos ou o valor das persoas polas capacidades e non por condicionantes doutra natureza son temas presentes nesta obra

Próximamente, este grupo de alumnos, asistirán a un encontro ca autora do libro xunto cos seus compañeiros de 5º e 6.

Deja un comentario

Rede Lectura

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas

Biblioteca do CPI de Zas

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas

O CANDIL DE ZAS

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas