Robots en movemento

O alumnado de Programación e Robótica do CPI de Zas, dirixido polo seu profesor Javier Carballo, deseñou e montou tres robots que realizan precisos movementos, seguindo as instrucións dun programa informático determinado (mBot Ranger). Para comprobalo paso a paso, non deixedes de acceder ao seguinte vídeo explicativo:

Noraboa polo magnífico resultado final a Javier Carballo e ao seu alumnado de Secundaria!

O «Robot Pintor»

O alumnado de Robótica do CPI de Zas, dirixido polo seu profesor Javier Carballo, elaborou uns orixinais robots compostos duns rotuladores na súa parte inferior que lles imprimen a capacidade de debuxar círculos de cores durante o seu desprazamento sobre un circuito ou taboleiro. Estes extraordinarios produtos atópanse expostos no recuncho de robótica da nosa biblioteca. Non deixedes de achegarvos para desfrutar da habilidade dos/as nosos/as estudantes e do seu profesor de Tecnoloxía e Robótica.

Velaquí tedes unha demostración do funcionamento dos robots no laboratorio de Tecnoloxía:

E a comprobación final sobre o taboleiro que se atopa na biblioteca:

Moitas grazas ao noso compañeiro Javier Carballo polas constantes, valiosas e creativas contribucións que realiza á nosa biblioteca!

Proxectos de robótica («o robot cepillo») na biblioteca

O alumnado de Tecnoloxía e Robótica de Secundaria, guiado e dirixido polo seu profesor Javier Carballo, deseñou uns sofisticados robots, programados para desprazarse con axilidade por un circuito, tamén construído polos estudantes. Tal e como podedes aprezar nas imaxes, os catro robots presentan una fisonomía orixinal e diferente e están compostos por un sistema motor que lles permite moverse con gran rapidez por un trazado estreito sen perder o control e o equilibrio en ningún momento.

Pola súa parte, Hugo Busto, Iván Cancela, Eloy Fernández e Andrés Rodríguez, de 1º ESO, colaboraron tamén con Javier Carballo e os seus compañeiros no deseño do circuito, que está decorado coas figuras literarias e os espazos máis característicos da obra de Laura Gallego, Fenris el elfo. Este proxecto interdisciplinar atópase exposto no maker space da biblioteca. Convidámosvos a visítalo e comprobar por vós mesmos o seu funcionamento. Como adianto, podedes desfrutar das ilustracións e o vídeo que acompañan a este texto.

Non queremos deixar pasar a oportunidade de felicitar a Javier Carballo e ao seu alumnado polo magnífico traballo realizado e agradecerlle ao primeiro as continuadas colaboracións e aportacións que brinda sempre a esta biblioteca.

Rede Lectura

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas

Biblioteca do CPI de Zas

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas

O CANDIL DE ZAS

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas