Proxectos de robótica («o robot cepillo») na biblioteca

O alumnado de Tecnoloxía e Robótica de Secundaria, guiado e dirixido polo seu profesor Javier Carballo, deseñou uns sofisticados robots, programados para desprazarse con axilidade por un circuito, tamén construído polos estudantes. Tal e como podedes aprezar nas imaxes, os catro robots presentan una fisonomía orixinal e diferente e están compostos por un sistema motor que lles permite moverse con gran rapidez por un trazado estreito sen perder o control e o equilibrio en ningún momento.

Pola súa parte, Hugo Busto, Iván Cancela, Eloy Fernández e Andrés Rodríguez, de 1º ESO, colaboraron tamén con Javier Carballo e os seus compañeiros no deseño do circuito, que está decorado coas figuras literarias e os espazos máis característicos da obra de Laura Gallego, Fenris el elfo. Este proxecto interdisciplinar atópase exposto no maker space da biblioteca. Convidámosvos a visítalo e comprobar por vós mesmos o seu funcionamento. Como adianto, podedes desfrutar das ilustracións e o vídeo que acompañan a este texto.

Non queremos deixar pasar a oportunidade de felicitar a Javier Carballo e ao seu alumnado polo magnífico traballo realizado e agradecerlle ao primeiro as continuadas colaboracións e aportacións que brinda sempre a esta biblioteca.

Deja un comentario

Rede Lectura

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas

Biblioteca do CPI de Zas

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas

O CANDIL DE ZAS

Punto de encontro da comunidade educativa do CPI de Zas